Semana Apiario en MOITO CONTO
Do 27 de xuño ao 4 de xullo o Apiario voará ata libraría
Moito Conto da Coruña, onde vai desenvolver varias actividades. Todas elas son de entrada gratuita e aberta, agás a do mércores 29 na que se terá que facer previa reserva de praza.
Luns 27 de xuño ás 20:00: Compartindo o palais du vocabulaire.
Apiario convídavos a que vos acheguedes a Moito Conto para compartir entre tod*s aqueles textos daquelas autor*s que nos fascinan. Poñer sobre a mesa os motivos do arrebato, esa é a idea. A entrada é libre, só tes que vir e traer os teus textos favoritos.
Mércores 29 de xuño ás 19:00: Encontro con Carlos Negro arredor de Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Propostas e respostas na aula.
Esta actividade está pensada especialmente para docentes e nel Carlos Negro, debullará algunhas ferramentas e recursos que están presentes neste proxecto, pensado para o traballo da palabra na aula. Poesía Hexágono resultou o libro gañador na I Gala do Libro na modalidade de Ensaio. A entrada é libre previa reserva de praza no correo:
libreria@moitoconto.com
Xoves 30 de xuño ás 20:00: Recital Apiario Fin de Curso. *s participantes dos cursos de escrita de Apiario darán voz as súas creacións, poñendo en valor o traballo realizado ao longo dos meses na procura da palabra. Para non perder. Entrada libre.
Luns 4 de xullo ás 20:00: Conversa con María do Cebreiro arredor da obra O Deserto. Este encontro será unha oportunidade para achegarse á autora deste poemario, o último editado por Apiario e que vén de ser gañador do Premio da Crítica. Non vos perdades a experiencia de escoitar a unha das voces máis lúcidas da literatura galega. Entrada libre.
Agardámosvos!