CURSOS APIARIO PRESENCIAIS/ VIDEOENCONTRO. 2024/2025

Os cursos Apiario* constitúen a nosa oferta de formación continua, de outubro a xuño, en grupos reducidos (máximo 10 alumnos). A proposta destes cursos é acompañar aos asistentes, na procura da súa voz e apoiar este traballo na adquisición da técnica. A través de unidades temáticas trabállase a construción do literario, dende unha perspectiva multidisciplinar onde conxugar teoría e práctica.

Estes cursos son tamén un espazo de encontro para persoas que comparten o gusto pola literatura e outras inquedanzas artísticas.

Modalidade: videoencontro

Arquitecturas do poema 

Dores Tembrás

Comezo: 1 de outubro

Modalidade: Videoencontro

A quen vai dirixido: A persoas interesadas en achegarse á poesía, en adquiriren ferramentas para gozar da súa lectura e tamén da escrita. Non só dirixido a escritores de poesía, tamén a narradores que queiran profundar na palabra e nos seus matices.

Horario: Martes 19:00-21:00

Prezo: 70 euros/mes

Descrición: Un espazo para quen quere achegarse á palabra, roldala, curioseala. Un tempo para escribir, pero tamén para afondar nas poéticas alleas. Para extraviarnos ou prendernos de conceptos como perda, beleza, sórdido, memoria, materia, lugar... A precisión, a procura, atendendo por veces á hermenéutica, pero sobre todo á voz que hai en cada un, para recoñecela e serlle fiel. Unha das características fundamentais deste formato é a da adquisición de ferramentas, técnicas que nos permitan trasladar ao papel coa maior precisión o poema que se xesta en nós. Para iso tamén será preciso afondar no acontecemento poético, atender a teorías que nos poñan en contacto coas poéticas máis relevantes da literatura universal e establecendo diálogo activo con outras disciplinas artísticas: cine, fotografía, pintura, danza... Todo isto para deternos en conceptos como silencio, música do poema, poder de suxestión, evocación, corte do verso... Metodoloxía: Construír unha guía propia de recursos para cada asistente a través das actividades e lecturas semanais. Posta en común do traballo individual e seguimento dos textos ata fechalos.

Máis información e matrícula eninfo@apiario.eu

De misterio e técnicas

Dores Tembrás

Comezo: 7 de outubro

Modalidade: Videoencontro

A quen vai dirixido: Este obradoiro esta deseñado para aquel*s amantes da literatura, xa sexan lector*s atent*s ou escritor*s con ganas de profundar nas voces d*s grandes autor*s.

Horario: Luns 19:00-21:30

Prezo: 70 euros/mes

Descrición: Este obradoiro é unha aproximación ao acontecer poético. Un achegamento dende dúas perspectivas: misterio e técnica. Emoción e mensaxe. Todo para adentrarnos na trampa, para descubrir o motor do poema. Un dos obxectivos é analizar o estrañamento que ten lugar cando un poema nos toca. Traballar dende o íntimo ao universal. Percorrer os grandes tópicos, achegarnos ás palabras da tribo. Procurar as faíscas metálicas que desprenden o contacto de determinadas palabras e analizar o traballo poético de grandes poetas universais a fin de fascinarnos e tentar acceder ao mecanismo do poema. Asi traballaremos semanalmente a través de unidades específicas e lectura e análise de poéticas clásicas e contemporáneas. O obxectivo é adquirir ferramentas para construír o poema e descubrir ou asentar a voz.

Máis información e matrícula eninfo@apiario.eu

Cartografías literarias: entre a escrita e a lectura  

Antía Otero

Comezo: 3 de outubro

Modalidade: Videoencontro

A quen vai dirixido: A persoas que se inician na escrita ou xa o fan, interesadas na poesía ou nas prosas como lugar para crear. Dirixido a tod*s aquel*s que queren profundar na súa práctica, ampliar os referentes artísticos, escrutar o impulso e o proceso, revelar a alquimia da técnica na rebelión da palabra.

Horario: Mércores 17:00 - 19:00

Prezo: 70 euros/mes

Descrición: Este obradoiro é unha chamada á capacidade de asombro para descubrir as chaves que poñen en marcha a maquinaria da creación literaria. Un xeito de achegarse ao abraio que provoca a palabra. Deseñado para aquel*s amantes da literatura, xa sexan lector*s atent*s ou escritor*s con ganas de afondar nas voces d*s grandes autor*s a través da poesía e das prosas. A partir de unidades temáticas que detonen un diálogo entre teoría e práctica colleremos o pulso da técnica e atenderemos a como agroma un texto dende a cerna. Poremos enriba da mesa pezas angulares e mestras da literatura, ferramentas que nos axuden a escribir: situar a voz, a emoción, a promesa, o eco, a memoria, a atmosfera, o punto de vista, o espazo, o tempo, o silencio, a pausa, o ritmo... mais tamén a ampliar a capacidade de análise e crítica seguindo unha completa selección de lecturas. Horas para debater e alimentarse na fascinación que provoca o encontro coa literatura partillada en común.

Metodoloxía:  Sesións vertebradas por unidades temáticas  e achegamento a diferentes autor*s da literatura galega e universal. Propostas de escrita. Debate continuo. Compartir os textos en colectivo e recibir o feedback. Valoración e seguimento dos exercicios individuais ata dalos por pechados. Lecturas. Apoio de material audiovisual e interdisciplinar. 

Máis información e matrícula eninfo@apiario.eu

Modalidade: presencial

Santiago de Compostela

Cartografías literarias: Entre a escrita e a lectura 

Antía Otero

Comezo: 7 de outubro

Modalidade: Presencial

(Sempre que a evolución da Covid o permita este obradoiro farase de xeito presencial, o grupo non supera os nove participantes e contamos con todas as medidas de seguridade. No caso de que a situación sanitaria non permita facelo de xeito presencial, o obradoiro realizarase en remoto o tempo que sexa oportuno).

A quen vai dirixido: A persoas que se inician na escrita ou xa o fan, interesadas na literatura como lugar para crear. A tod*s aquel*s interesados na poesía ou nas prosas que queren profundar na súa práctica, escrutar o impulso e o proceso, ampliar referentes artísticos, descubrir a alquimia da técnica, aprender das lecturas e da dinámica grupal. 

Horario: Luns de 18.30 a 20.15

Lugar: Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6, Compostela)

Prezo: 70 euros/mes

Descrición  Este obradoiro está deseñado para aquel*s amantes da literatura, xa sexan lector*s atent*s ou escritor*s con ganas de afondar nas voces d*s grandes autor*s a través da poesía e das prosas. A partir de unidades temáticas que detonen un diálogo entre teoría e práctica colleremos o pulso da técnica e atenderemos a como agroma un texto dende a cerna. Poremos enriba da mesa pezas angulares e mestras da literatura, ferramentas que nos axuden a escribir: situar a voz, a emoción, a promesa, o eco, a memoria, a atmosfera, o punto de vista, o espazo, o tempo, o silencio, a pausa, o ritmo... mais tamén a ampliar a capacidade de análise e crítica seguindo unha completa selección de lecturas. Horas para debater e alimentarse na fascinación que provoca o encontro coa literatura partillada en común.

Metodoloxía: Sesións vertebradas por unidades temáticas  e achegamento a diferentes autor*s da literatura galega e universal. Propostas de escrita. Debate continuo. Compartir os textos en colectivo e recibir o feedback. Valoración e seguimento dos exercicios individuais ata dalos por pechados. Lecturas. Apoio de material audiovisual e interdiciplinar. 

Máis información e matrícula eninfo@apiario.eu

*Todos os nosos cursos teñen unha matrícula inicial de 30€