Sen produtos
Dirixido a aquelas persoas que comezan a escribir ou xa o fan con independencia do xénero no que acostumen traballar. Unha oportunidade para adquirir ferramentas, redescubrir e compartir a lectura.
Descrición:
Literaria está dirixido *s interesad*s na palabra, con independencia do xénero no que acostumen a traballar. É unha viaxe con mirada horizontal a través da Literatura, da escrita e a lectura, partindo de diversos conceptos e propostas prácticas. O seu obxectivo básico é o de achegar *s asistentes á trama literaria, facendo fincapé nos resortes do texto e na alquimia entre a técnica e o impulso. Coa mestura da teoría e da práctica, camiñando as pegadas que van deixando *s grandes autor*s, buscarase a escoita dun xeito personalizado, aportando chaves e ferramentas que axuden á elaboración de textos propios.
Metodoloxía:
Serán dez sesións de dúas horas (13 de outubro-22 de decembro: todos os xoves ás 19:00) dirixidas por Antía Otero e Dores Tembrás e organizadas en dous bloques. Os encontros estarán vertebrados por unidades temáticas e achegamento a diferentes autor*s da literatura galega e universal. Propostas de escrita. Debate continuo. Crítica, valoración e seguimento dos textos creados. Lecturas. Visionado de material audiovisual.
Primeiro Bloque:
As palabras e os inicios. O eco
Pescudar na cartografía. Deixarse atravesar. Entre o abstracto e o concreto
O camiño da introspección. O eu como material
Enfoques
Desenfoques
Segundo Bloque:
A acción da emoción
O mecanismo da emoción. Todo a disposición do artefacto.
O infraordinario
O cotiá como misterio
Enfrontar o propio texto. Ler
Autor*s: Chantal Maillard, Virginia Woolf, Marguerite Duras, Boris Vian, John Berger, Ana Romaní, Lois Pereiro, Samuel Beckett, George Perec, Emily Dickinson, Sharon Olds, Louise Glück, María do Cebreiro, Gonzalo Hermo, Luz Pichel, José Ángel Valente...
Máis información en: info@apiario.eu