Intensivo con Sergi Bellver

OBRADOIRO INTENSIVO DE CONTO CONTEMPORÁNEO



Lugar: Apiario, A Coruña

Días: venres 25 e sábado 26 de novembro

Horario: venres, de 20 a 22 horas, e sábado, de 11 a 14 horas

Duración: 5 horas en dúas sesións (2+3) e tempo de lectura previa ao obradoiro

Coodina: Sergi Bellver

Grupo reducido: máximo 10 participantes

Idade mínima: 16 anos

Prezo: 50 euros



Dirixido a: persoas interesadas na escrita creativa. Non se precisa experiencia previa en obradoiros mais si certo hábito de lectura e escritura.

Dinámica do obradoiro:

Previa ao venres 25 de novembro: *s participantes deberán ler previamente ao obradoiro dous relatos propostos por Sergi Bellver, textos que se facilitarán ao realizar a inscrición.



Venres 25 de novembro: A sesión vespertina durará dúas horas e terá lugar na sede de Apiario na Coruña. Nesta xornada impartiranse unha serie de conceptos específicos da escritura de relatos breves, que logo serán analizarados e comentados a partir dos dous contos que *s participantes terán lidos previamente. Ao remate da sesión, Sergi Bellver proporá como exercicio a escritura dun breve texto, que *s participantes realizarán na casa ( entre 500 e 1.500 palabras).

Sábado 26 de novembro: A sesión matinal durará tres horas e dedicarase fundamentalmente á análise e comentario dos textos d*s participantes. No caso de que non puideran realizar o exercicio proposto, aportarán outro texto da súa autoría, un conto breve (entre 500 e 1.500 palabras), para que tod*s *s participantes reciban a mesma atención. Deste xeito, a través da práctica e da revisión acertos e erros concretos, trataranse de forma clara todas as cuestión fundamentais da escritura de relatos breves. Antes de rematar a sesión, darase unha guía personalizada de lecturas recomendadas ao redor do conto contemporáneo.



Profesor: Sergi Bellver (Barcelona, 1971). É autor do libro de relatos Agua dura (Ediciones del Viento, 2013) e profesor de narrativa dende 2008. Os seus contos aparecen nunha ducia de antoloxías en España e Latinoamérica. Escribíu crítica literaria para medios como o suplemento Cultura/s do diario La Vanguardia ou a revista Qué Leer, e traballou como editor, xornalista cultural, guionista e libreiro. Editou os libros colectivos Chéjov comentado (2010), Mi madre es un pez (2011; con Juan Soto Ivars) e Madrid, Nebraska (2014), e prologou novas traducións de El jugador, de Dostoievski, e, en catalán,  La metamorfosi, de Kafka. Colabora como editor en Avispero www.sergibellver.com



Máis información e inscricións:info@apiario.eu