LITERARIA. Curso de escrita creativa na Coruña



A quen vai dirixido: Este obradoiro esta deseñado para aquel*s amantes da literatura, xa sexan lector*s atent*s ou escritor*s con ganas de profundar nas voces d*s grandes autor*s.

Horario: Luns 19:00-21:00

Prezo: 60 euros/mes

Descrición: Como recomenda Fitzgerald, unha das voces máis lúcidas que nos acompañará neste obradoiro: "Escribir ficción é manexar un truco dirixido á intelixencia e ao corazón do lector; un artificio para suscitar emocións diferentes, ao xeito do prestidixitador. Unha vez aprendido, esquencelo..."

A atención sempre disposta, o debate a través de lecturas guiadas onde explorar a lectura crítica, a técnica do comezo e do final, do tema, d* narrador*, o tempo, o silencio, a memoria...serán fíos vertebradores dos que tirar para construir o encontro na procura da voz individual. Unha proposta, onde a escrita e a lectura son vasos comunicantes.

Alguns d*s autor*s: Fitzgerald, Cortázar, Chantal Maillard, Virginia Woolf, Marguerite Duras, Boris Vian, John Berger, Ana Romaní, Lois Pereiro, Samuel Beckett,  George Perec, Emily Dickinson, Sharon Olds, Louise Glück, María do Cebreiro, Gonzalo Hermo, Luz Pichel, José Ángel Valente...

Imparten: Antía Otero e Dores Tembrás



Mais información e matrícula en: info@apiario.eu



*Tódolos nosos cursos teñen unha matrícula inicial de 30€.