Sen produtos
Antía Otero e Dores Tembrás acumulan longa experiencia impartindo obradoiros en centros de ensino. Xa sexa como medio de aproximación á poesía, con monográficos sobre autores específicos ou cunha serie de propostas nas que se aborda o poético dende diferentes perspectivas.
Con obradoiros para diferentes franxas de idades, dende os máis pequenos ata 2º de Bacharelato.
A quen vai dirixido: Ao alumnado de Educación infantil
Nivel: Iniciación
Duración: 45 min.
Descrición: Este obradoiro artéllase en torno ao álbum ilustrado O branco non pinta de Antía Otero e María Brenn. A través da lectura do conto pola súa autora, aproximarémonos ao branco e ao seu valor conceptual que a maior parte das veces seméllanos lonxana e inaccesible. Despois da lectura e da conversa teremos a oportunidade de pintar con xices brancas sobre cartulinas negras demostrando que o branco é todo un mundo de posibilidades!
Mais información e matrícula en: info@apiario.eu
A quen vai dirixido: Ao alumnado de Educación infantil
Nivel: Iniciación
Duración: 45 min.
Descrición: Este obradoiro consiste na lectura do conto O peizoque Roque. Un paxariño rebuldeiro que decide ir na procura de palabras. O encontro cos máis pequenos aproveitase para traballar os pareados e a escrita das súas palabras favoritas, que poden darlle de comer eles mesmos ao paxariño.
Mais información e matrícula en: info@apiario.eu
A quen vai dirixido: alumnado de 3º de Educación Infantil e 2 primeiros ciclos de Primaria
Nivel: Iniciación
Nº de horas: 50 min.
Descrición: Pandora é unha astronauta galega. Imos seguir as súas andainas fantásticas para ir coñecendo un pouco máis as estrelas, constelacións e galaxias que forman parte do noso universo. Unha mestura de poemas e estrelas, planetas e postais que enviar dende outros mundos.
Mais información e matrícula en: info@apiario.eu
A quen vai dirixido: Ao alumnado dende 6º Primaria ata Bacharelato
Nivel: Iniciación
Nº de horas: 90 min.
Natureza: A obra de Luísa Villalta, autora ao que a RAG dedica as Letras Galegas no 2024, móstranos ao longo da súa extensa obra un rico abano temático, estético e estilístico. A fin deste encontro-obradoiro, a medio camiño entre a conversa, o recital e a escrita colectiva, é achegarse á figura da poeta facendo un percorrido pola súa vida e creación literaria dun xeito activo e participativo.
Temas a tratar: A música, a lingua, a observación sostida, a cidade, o compromiso social como parámetros vertebradores da produción literaria da autora.
Máis información e matrícula en: info@apiario.eu
A quen vai dirixido: Ao alumnado dende 6º Primaria ata Bacharelato
Nivel: Iniciación
Nº de horas: 1:40
Descrición: Este obradoiro quere achegar as novas voces poéticas do país a través da súa obra recollida na antoloxía No seu despregar. 18 poetas nos que mergullarse neste obradoiro-encontro onde nos achegaremos á pulsión máis nova e fresca da produción literaria galega. Dun xeito activo e participativo, o alumnado poderá atoparse nos versos destas páxinas e tamén aprender a escribir os seus propios. A vía de acceso á poesía conta neste obradoiro cunha premisa, autor*s e alumn*s manexan o mesmo código. Que é a poesía? Calquera palabra é susceptíbel de aparecer nun poema? De onde pode xurdir o poético?...
Máis información e matrícula en: info@apiario.eu
A quen vai dirixido: Ao alumnado de Primaria e Secundaria
Nivel: Iniciación
Nº de horas: 1:40
Descrición: Ante a grande barreira que soe provocar tratar a poesía co alumnado, este obradoiro busca desmitificar multitude de tópicos que xorden neste xénero. Afrontando a sesión dende o sensorial e o interdisciplinar, a través do debate colectivo ao redor das nosas experiencias, do emprego da propia voz para escoitar as palabras no eco, da relación que se crean entre elas na sinestesia e noutros recursos estilísticos... achegarémonos ao misterioso xogo e á revelación que proporciona a poesía, para chegar á escrita colectiva na segunda parte do encontro.
Mais información e matrícula en: info@apiario.eu
A quen vai dirixido: Ao alumnado comprendido entre 6º de Primaria ata 2º Bacharelato
Nivel: Iniciación
Nº de horas: 1:40
Descrición: Consiste nun traballo directo coa palabra. Partindo dunha selección de medios: audiovisual, música, texto literario, graffiti aproximámonos ao poético como un caleidoscopio. Esta achega permitiranos abordar algunhas ferramentas, recursos estilísticos e os seus efectos. Para acabar construíndo unha constelación propia e un texto individual, na segunda parte do encontro.
Mais información e matrícula en: info@apiario.eu
A quen vai dirixido: Ao alumnado comprendido entre 6º de Primaria ata 2º de Bacharelato
Nivel: Iniciación
Nº de horas: 1:40
Descrición: Cantos versos collen nunha pegatina?. Que palabras estamos dispost*s a levar pegadas nas nosas carpetas, nos obxetos que conforman a vida, no espazo público, que frases ou revelacións queremos compartir co mundo?, que diferencia hai entre escribir e tomar a palabra?.
No obradoiro aportaranse ferramentas que axuden a tomar consciencia do efecto que pode ter unha palabra en relación ao espazo no que sexa colocada. A vontade de escoller a frase exacta para a sensación concreta.
Na segunda parte do encontro e cos textos resultantes, convidarase ao alumnado a que realice as súas propias pegatinas.
**É recomendable que *s participantes traian un estoxo con cores, rotuladores, tesoiras ou que se dispoña dese material na aula.
Mais información e matrícula en: info@apiario.eu
A quen vai dirixido: Ao alumnado comprendido entre 6º Primaria ata 2º Bacharelato
Nivel: Iniciación
Nº de horas: 1:40
Descrición: Concibido para aproximarnos a unha escolma de importantes autoras que permitirá analizar de perto o seu traballo poético e as características da súa escrita dentro da poesía galega contemporánea. Ao tempo que se perfilan ferramentas e cuestións de teoría poética.
Mais información e matrícula en: info@apiario.eu
A quen vai dirixido: Ao alumnado comprendido entre 6º de Primaria ata 2º de Bacharelato
Nivel: Iniciación
Nº de horas: 1:40
Descrición: Poesía + Graffiti é un obradoiro no que o acceso ao poético se realiza por medio dunha vía moi familiar para os rapaces e rapazas, cunha linguaxe que eles manexan con naturalidade e coa que se identifican: as pintadas nas rúas. Concibido para desenvolver en sesións de entre dúas e catro horas, o encontro divídese en dúas partes, unha primeira na que traballamos con imaxes de graffiti (pintadas de corte poético) que aprendemos a analizar tendo en conta algunhas figuras retóricas, pero tamén o espazo no que están feitas, e outras cuestións como grafías, a necesidade de brevidade, as constelacións poéticas, a precisión... E unha segunda parte na que a rapazada escribe un par de versos, unha imaxe, poñendo en práctica o que vimos con anterioridade.
Mais información e matrícula en: info@apiario.eu
A quen vai dirixido: Ao alumnado comprendido entre 2º ESO ata 2º de Bacharelato
Nivel: Iniciación
Nº de horas: 1:40
Descrición: Penélope é unha das figuras fundamentais que transita a literatura universal dende hai moitos séculos. Algúns poetas galegos quixeron retratar tamén a esta muller mítica. A través dunha escolma con textos de Rosalía de Castro, Cunqueiro, Xohana Torres, María Rosendo, Xosé Mª Díaz Castro, Carmen Blanco, tamén a través dun poema de Tennyson ou con cancións de Serrat ou Maná aproximarémonos á ollada poliédrica deste personaxe complexo e que non admite análises planas. Ademáis apoiarémonos tamén nalgún material plástico: pintura, escultura e intervencións artísticas axudarán a enriquecer esta nova ollada que o alumnado se encargará de fechar coa súa propia Penélope nun texto escrito.
Mais información e matrícula en: info@apiario.eu
A quen vai dirixido: Ao alumnado comprendido entre 1º de ESO ata 2º Bacharelato
Nivel: Iniciación
Nº de horas: 1:40
Descrición: Versos para pensar é un percorrido pola lectura e o debate colectivo a partir dunha escolma de poemas da literatura galega contemporánea, na que se tratan temáticas actuais e conflitos presentes na sociedade. Unha maneira de vincular a literatura e a vida, a arte e o aquí e agora que fará do encontro unha posibilidade para pensar e reflexionar en voz alta e en comunidade a través da palabra e procurando a escrita na segunda parte da sesión.
Mais información e matrícula en: info@apiario.eu
A quen vai dirixido: Ao alumnado comprendido entre 1º de ESO e 2º Bacharelato
Nivel: Iniciación
Nº de horas: 1:40
Descrición: Neste obradoiro presentarase a experiencia de idear, imaxinar e realizar unha peza de videopoesía sen cámaras. A intención é a de pararse a analizar tódolos elementos que a forman, a relación imaxe-palabra-son, percorrendo o proceso da creación no presente máis aló do resultado. A opción é imaxinar contando. Un obradoiro onde crear un set de rodaxe na aula a partir da mirada e da experiencia, sen necesidade de tecnoloxía.
Mais información e matrícula en: info@apiario.eu
A quen vai dirixido: Ao alumnado comprendido entre 1º de ESO ata 2º Bacharelato
Nivel: Iniciación
Nº de horas: 1:40
Descrición: Paseo pola poesía galega última e as súas manifestacións no campo do audiovisual. Percorrido e desentrañado artístico e técnico destas manifestacións que, malia á proximidade da linguaxe, semellan ás veces difíciles de descodificar. Unha maneira distinta de achegar o alumnado ao campo do poético dende un prisma actual e interdisciplinar.
Mais información e matrícula en: info@apiario.eu
A quen vai dirixido: Ao alumnado comprendido entre 1º de ESO ata 2º Bacharelato
Nivel: Iniciación
Nº de horas: 1:40
Descrición: Este obradoiro aborda o literario dende o lúdico, participando de certo espíritu vangardista, como o dadá, propón re-escribir sobre un texto previamente publicado. A proposta é tomar unha nova dun xornal ou doutra obra literaria e comezar a raiar, a suprimir o que sobra na nosa propia historia. Este exercicio aparentemente sinxelo servirá para reflexionar sobre o xénero e as ferramentas que precisamos para poder falar de literatura. Partindo do mesmo texto inicial podermos comprobar como na aula se xeneran moitas versións totalmente diferentes. Que significa isto? Entre outras posibilidades, que aprender a escoller as palabras determina de xeito definitivo a obra que construímos. Podemos escribir un relato nun tweet? Que necesita o relato para funcionar?...
Mais información e matrícula en: info@apiario.eu
Rosalía feminista: voz en off
A quen vai dirixido: Ao alumnado comprendido entre 1º ESO ata 2º de Bacharelato
Nivel: Iniciación
Nº de horas: 90 min.
Descrición: O encontro quere acabar con algúns prexuízos, procura unha aproximación vertical a unha Rosalía apaixonada, afouta e feminista. Seguindo a cartografía dos seus textos, palabra por palabra adentrámonos na intimidade do artefacto poético e así revélasenos o código co que a poeta nos fala *s lector*s do S. XXI.
Selfie con obxectos
A quen vai dirixido: Ao alumnado comprendido entre 1º ESO ata 2º de Bacharelato
Nivel: Iniciación
Nº de horas: 90 min.
Descrición: Pode un obxecto ser o mellor autorretrato? Canto contan de nós as nosas pertenzas? Se alguén entrase no noso cuarto que lle contarían os obxectos que gardamos? Son só materia? Poden atesourar emocións e memoria? Escribir sobre isto é o obxectivo deste obradoiro onde os obxectos se revelan como verdadeiros tesouros.