As abellas para Alfonso Pexegueiro

As abellas (Trazos) 



"Somos as abellas do invisible"
, Rilke



Cando o frío quece, as abellas saen
exploradoras no seu primeiro vo, 
limpan a casa, restauran, 
constrúen mapas no ar sinalando rutas; 

nubes de ás zumbando, coidan, protexen,
aman tal vez formas de vida posible...;

amantes do oculto, descubren o segredo
das flores e converten color e sol en mel. 
...

(as abellas levan escrito o seu destino nas ás)