Sen produtos
O Premio de Poesía Concello de Carral cumpre vinte anos coa presente edición. Dende os seus inicios o concello apostou pola cultura por medio deste galardón. Este ano quixeron dar un paso máis neste compromiso vencellándoo directamente aos centros de ensino coa intención de dar a coñecer entre a mocidade os froitos destes anos de traballo. Apiario desenvolveu por medio dun proxecto elaborado de forma específica, un conxunto de obradoiros que pretende aproximar a obra poética dos gañadores do certame ao longo destas dúas décadas.
A este estímulo de creatividade e traballo artístico, que abrangue obradoiros no ensino primario e secundario, pónselle o ramo coa convocatoria de dous premios de poesía aos que poderá optar todo o alumnado do CEIP Vicente Otero Valcárcel e do IES de Carral.
Apiario síntese feliz de poder traballar nun proxecto que aposta pola poesía dende as idades máis temperás, alentando a curiosidade pola escrita e a lectura.
Non podemos máis que unirnos á celebración e desexar 20 anos máis de galardón.
Aquí vos deixamos a convocatoria do Certame deste ano.