Poesía no Concello de Betanzos

As vindeiras semanas estaremos de volta cos nosos obradoiros no Concello de Betanzos, no IES Francisco Aguiar, e no IES As Mariñas.

Traballaremos coa palabra na procura da ráfaga ou a emoción aproveitando a VII edición do Concurso de Creación literaria que o concello botou a andar con moito éxito. O premio destinado a alumnado de ESO, Bacharaleto ou un ciclo formativo, comprende as modalidades de relato breve e poesía.