Sen produtos
O papel relevante que xoga a comunicación na sociedade que vivimos, non fai mais que subliñar a importancia da escolla das palabras nas mensaxes que diriximos aos demais. Isto acentúase no ámbito empresarial, no que comunicar unha idea é tan importante como a idea mesma. Non só a nivel de contidos, ou xerando documentación: notas de prensa, circulares, cartas, boletíns, ben sexa a nivel interno ou con necesidade de proxectar unha marca. Claridade, corrección e precisión son algunhas das ferramentas coas que se traballa nestes cursos. Ademais de sinalar e afondar nos erros máis comúns, proporcionando mecanismos para acabar coas frases feitas, tecnicismos, erros de puntuación... Trátase de cursos EMINENTEMENTE PRÁCTICOS, con actividades de escrita dende o primeiro día. Se ben unha parte do temario é estable, elaboramos proxectos específicos dependendo da área profesional da empresa que contrata o servizo, adaptando o programa ás necesidades e intereses concretos do cliente. O formato do curso é variable, dende intensivos de dez horas ata cursos trimestrais.
Máis información: info@apiario.eu