Obradoiro de Apiario na X Xornada dos clubs de lectura

O 17 de xuño celebrarase en Compostela a X Xornada dos Clubs de lectura, unha iniciativa integrada no programa Hora de ler da Consellería de Cultura, Educación e O.U. Apiario impartirá un obradoiro dentro dun interesantísimo programa que abrangue unha xornada na que arredor dun milleiro de lectores e lectoras procedentes dos diferentes clubs de lectura do ámbito galego, participarán en actividades para profesorado, obradoiros e performances… Aquí todo o programa.