Encontro d*s nos*s alumn*s con Rafael Cadenas

O poeta Rafael Cadenas volve este outono á cidade da Coruña. Se o ano pasado tiveramos unha conversa con el este ano o encontro realizarase c*s participantes nos nosos obradoiros de escrita. O que nos interesa é poñer en contacto o traballo daquel*s que se achegan á escrita coa obra dun poeta consagrado. A conversa xirará arredor da técnica e a creación. Trátase dun encontro aberto ao público en xeral que terá lugar o xoves 28 ás 19:30 na sede de A Fundación.

Tódolos detalles aquí.