Nominados para a III Gala do libro galego

No Apiario celebramos a nominación para a III Gala do libro galego do álbum infantil O branco non pinta, de Antía Otero e María Brenn na categoría Libro ilustrado e do poemario Lumes, de Ismael Ramos, con deseño de Mauro Trastoy, na categoría de Libro mellor editado. Sentímonos felices de que ambos traballos formen parte do noso catálogo e agradecemos a confianza depositada neles.