Hai neste libro un enxerto sostido por un corazón, unha procesión de palabras, a moeda para
Caronte; e todo nel é tempo de desconto, invoca e prepara para a despedida que non por esperada
mitiga o seu impacto.
Porén, existe luz na incisión sobre a febra. Na voz que guía sen descanso, afanada en recompilar
primeiras veces.
-Porque “Enxertos” son os gromos do froito herdado, os xestos que nos conforman, o traxecto de ida
e volta.
-Porque neste libro atoparás versos precisos que se parten como quen fende leña.
-Porque o deseño que envolve os poemas é un pano de seda que se desprega nunha cerimonia.
-Porque ao pé dos poemas emerxen debuxos e apuntes en grafito, que da filla ao pai funden texto e
trazo nun caderno de campo.
Enxertos
Hai neste libro un enxerto sostido por un corazón, unha procesión de palabras, a moeda para
Caronte; e todo nel é tempo de desconto, invoca e prepara para a despedida que non por esperada
mitiga o seu impacto.
Porén, existe luz na incisión sobre a febra. Na voz que guía sen descanso, afanada en recompilar
primeiras veces.
Destinatario :
* Campos obligatorios
ou Cancelar
Tamaño | 210x145 |
Páxinas | 100 |
Papel | - |
Encadernación | Cosido |
Booktrails | https://vimeo.com/882266408 |
Xénero | Poesía |
Deseño e ilustración | Mauro Trastoy |
Textos | Dores Tembrás |
ISBN | 978-84-124530-4-1 |
Depósito legal | C 1370-2023 |
Hai neste libro un enxerto sostido por un corazón, unha procesión de palabras, a moeda para
Caronte; e todo nel é tempo de desconto, invoca e prepara para a despedida que non por esperada
mitiga o seu impacto.
Porén, existe luz na incisión sobre a febra. Na voz que guía sen descanso e afánase en recompilar
primeiras veces, ofrendas, instantes eternos, aquilo que se remoe e cita, invoca e rastrexa nas
coordenadas da tribo, malia saber que o papel e a terra non todo o poden. E aínda así porfía.
Encoméndase á escrita como rexistro e esperanza. Sábese a partes iguais lebre que salta entre
avenidas e experta cazadora, planta ventureira e corpo enxertado, agradecemento e exhortación,
canto e ladaíña, seda e grafito, cidade e agro, man que escribe e debuxa, filla e nai, celebración do
presente e da memoria...E todo se acumula nun mesmo nivel de compromiso. A decisión da poeta
de nacer e morrer en cada poema; recoñecer o gume e seguir disposta a cortarse.
Non hai comentarios dos clientes polo momento