Sen produtos
Este curso Apiario amplía a súa oferta de obradoiros para centros de ensino. Ademáis dos clásicos obradoiros de videposía, poesía+graffiti, obradoiros de iniciación á escrita creativa, aproximación poética e experimental, ofrecemos catro novos proxectos para levar ás aulas:
-No seu despregar: Toma o seu nome da última antoloxía de novas voces poéticas actuais, coa intención de achegalas ao alumnado como vías de acceso á súa propia escrita.
-Dous obradoiros partindo da obra de Carlos Casares segundo tramos de idade:
Carlos Casares. Vento ferido/Cambio en tres. Onde nos achegaremos á obra do homenaxeado no día das letras 2017 para traballar cuestións como trama, personaxes, misterio, experimentación
Carlos Casares. A galiña azul/ As laranxas máis laranxas de tódoalas laranxas. Unha aproximación lúdica para os máis pequenos que lles permita coñecer a obra de Casares e que eles mesmos escriban tramas alternativas ás das obras propostas.
-Penélope: Un obradoiro que se sostén nesta figura mitolóxica, partindo da literatura galega con textos de Xohana Torres, Cunqueiro, Rosalía de Castro, Olga Novo... e outras disciplinas artísticas que servirán de fío para que o alumnado escriba a súa propia Penélope.
Toda a información aquí.
Para consultas: info@apiario.eu