Autor*s

  • Carlos Negro

    Profesor de Lingua e Literatura Galega no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro); autor de textos poéticos como as laranxas de alí babá, Far-west, Héleris, Cultivos transxénicos, Makinaria e Penúltimas tendencias ou tamén de Abelcebú, un dicionario de carácter satírico. Actualmente, forma parte dos consellos directivos da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) e da CGENDL (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) e...
  • Celia Parra

    Nacín en Ourense un 25 de abril de 1990. Son licenciada en Comunicación Audiovisual pola USC e realicei un mestrado en Produción e Xestión Audiovisual pola UDC. Dedícome á produción multimedia e á poesía. Como poeta recibín recoñecementos en certames como o Minerva, Xuventude Crea, Ánxel Casal, María Mariño e Avelina Valladares. Deste último xurdiu o poemarioNo berce das mareas (Ed.Fervenza, 2009). Teño textos publicados nas revistas Dorna e Luzes, así como na Antoloxía do...
  • Celso Fernández Sanmartín

    Son nado en Lalín no barrio da Cacharela no 1969. Estudei a licenciatura de Filosofía en Santiago de Compostela Teño convivido nalgunhas asociaciós, hoxe na que máis no Foro Para Cultivos Culturais Traballei dez anos en Lalín mesmo como animador sociocultural nunha residencia de persoas maiores Son horticultor por herdanza, por gusto e por necesidade De oficio agora teño o de colleitador e contador de contos e historias de vida de tradición oral Son poeta
  • Daniel Salgado

    Daniel Salgado (Monterroso, 1981) traballa como xornalista. Publicou os libros de poemas Sucede (2004), días no imperio (2004), Éxodo (2006), Os poemas de como se rompe todo (2007), Ascension (2010, con deseño e debuxos de Xosé Carlos Hidalgo), ruído de fondo (2012), Dos tempos sombrizos (2013) e O Gran Rexeitamento / Flores para Albert Ayler (2017). Coa poeta e ensaísta María do Cebreiro, deu ao prelo A Guerra (2013) e, da man dos artesáns Inés Pallares...
  • Dores Tembrás

    Dores Tembrás (Bergondiño, 1979) é doutora en Filoloxía pola UDC e especialista na obra da poeta Alejandra Pizarnik. En 2009 publicou o seu primeiro poemario O pouso do fume, en 2012 O peizoque Roque, e en 2013 faise co galardón Premio de Poesía Concello de Carral, coa obra Cronoloxía da urxencia, que se publica en 2014 no selo Espiral Maior. A súa obra aparece recollida en diversas antoloxías e obras colectivas. Mantén a web: www.dorestembras.com
  • Elvira Ribeiro

    Nacín en Pontevedra en 1971 e, cos anos, certo atrevemento e algo de sorte, cheguei a publicar seis libros de poesía para persoas adultas ( Andar ao leu , Arxilosa , Biografía da Multitude , carnia haikai , corpos transitivos e Welcome to Sing Sing foron saíndo entre 2005 e 2017) e outros tres para a rapazada ( pAlAbrAs brAncAs , As redes de Inés e Maruja Mallo viron a luz entre 2008 e 2017 ). Ás veces aínda me enredo nas letras, outras, afástome.
Showing 7 - 12 of 45 items