Autor*s

  • Estíbaliz Espinosa

    Estíbaliz...Espinosa :  escritora. Músico. Filóloga e socióloga de formación. Da súa paixón pola literatura e a ciencia xorde boa parte da súa obra poética [ curiosidade é o seu último título]. Escribe relatos, artigos e tece redes dende a rede [www.estibalizes.wordpress.com] con traducións [proxecto sagas ], obradoiros e recitais-concerto tanto dentro como fóra do estado. Foi premio Esquío, la Voz+Joven, Serie B de LABoral ou José Saramago de relato.
  • Fran Cortegoso

    FRANCISCO CORTEGOSO a dous metros sobre a liña que se traza baixo o límite da pálpebra observarás  o aletexo dun nome  apenas unha bágoa lembre o teu rostro en cinza  a rosa escureza o reflexo do teu Ti  quizá o labio lle fale á súa propia raíz e esqueza que palabra  traizoou a memoria do trevo  mais eu  e Ti, atando o silencio ao teito do mundo  lembra que Ti  volverás mastigar a súa última folla  POEMA...
  • Gonzalo Hermo

    Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, actualmente traballa no Instituto da Lingua Galega, onde prepara a súa tese de doutoramento en onomástica medieval.  Os seus primeiros textos viron a luz en publicacións como Dorna ou Revista das letras. En 2010 gaña o primeiro premio de poesía do Xuventude Crea con Crac, que ao ano seguinte edita Barbantesa. Textos da súa autoría foron traducidos ao castelán e ao catalán en varios antoloxías e...
  • Helena Salgueiro

    Nacín en Compostela un outono do ano 1995 e convertinme pouco despois en veciña de Moreda do Courel. Actualmente compaxino os meus estudos de Filoloxía Galega e Teoría e Crítica Literarias co teatro. No ano 2013 fundo a compañía e asociación GN TEATRO, dentro da cal dirixo e actúo nos espectáculos Natureza Viva,Kraft e Cabaret Salomé. Tamén son actriz na Aula de Teatro da USC, en cuxos espectáculos Sweeney Todd e Cinzas teño participado. Divulguei os meus primeiros textos...
  • Iria do Castelo

    Iria do Castelo traballa sobre unha figuración de corte surreal inspirada nun pop lisérxico que camiña entre o terrible e o irresistible, entre a alucinación e a fábula. Interesada no erotismo en tanto que difumina as límites entre o permitido e o prohibido. Na súa iconografía a miúdo aparecen referencias a clásicos da literatura, e extrañas asociacións entre o reino animal e o universo íntimo feminino. Ten obtido recoñecementos diversos entre os que cabe destacar ter...
  • Ismael Ramos

    Nacín o 8 de abril de 1994, tres días despois da morte de Kurt Cobain. Miña nai tiña dezanove anos e meu pai vinte e un. Viviamos na Picota. Cando tiña seis anos mudámonos a Noia. Alí foi onde comecei a escribir. Non sei se comecei a escribir porque me pasaban cousas ou porque quería que me pasasen. Estudei Lingua e Literatura Españolas na Universidade de Santiago de Compostela, e ata o de agora publiquei a plaquette Hábitat/Interferencias (Premio Francisco Añón,2013),...
Showing 13 - 18 of 45 items