Autor*s

  • Noelia González Caamaño

    Nacín na Coruña, e pasei moito tempo entre Extremadura e campamentos que me fixeron comprender as ganas que tiña de coñecer o mundo. A miña infancia veuse removida por constantes chamadas de atención por parte dos adultos, pois non deixaba de facer garabatos a todas horas, tanto así que aínda agora sigo a facelo. Compaxino a miña vida artística co traballo que desempeño co meu grupo Scout, os traballos que me van xurdindo, e a carreira coma belartista que estou a facer...
  • Olalla Tuñas

    Nacín en Outes no 89 e son xornalista. Comecei a escribir na adolescencia. Ao facer os 16 xa gañara os meus primeiros premios literarios escribindo narrativa. Tempo despois, en 2010, fun galardoada co Premio Francisco Añón de Poesía polo meu poemario Split Screen. En febreiro de 2012 dende Dinamarca viaxei a Chile, onde pasei o inverno. Alí participei con outras mozas e mozos no Laboratorio de Escritura das Américas LEA, que co-organizaba a Fundación Neruda na casa do...
  • Pablo Otero

    Pablo Otero, Ourense 1970. Realizou estudos universitarios de Belas Artes, aínda que sempre vai reivindicar unha formación de xeito autodidacta. Dende os últimos vinte e cinco anos colabora en diversos proxectos e formatos editoriais. Poemarios e libros de artista, libros obxecto, tebeo (fora guionista e ilustrador de Golfiño, a revista de B. D en galego), guías didácticas, catálogos de Arte ou álbum ilustrado. Arredor de trinta títulos publicados en...
  • Paula Antía Rey Baliña

    Chámome Paula Antía Rey Baliña. Nacín en 1997 en Iria Flavia, Padrón. Actualmente curso os estudos do Grao en Lingua e Literatura Españolas na Universidade de Santiago de Compostela. Durante os meus anos de instituto obtiven premios nos certames Xela Arias (2014), Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro (2014) e Minerva (2014, 2015). Textos meus viron tamén a luz na revista  Dorna .
  • Rosalía Fernández Rial

    (Carballo-Muxía, 1988) Son filóloga e doutora en didáctica das linguas e da expresión dramática, mais tamén me (trans-)formei en artes escénicas. Quizais por iso, como escritora, prefiro que fale a obra. Individual e en verso: En clave de sol (Lumieira, 2009), Átonos (Lumieira, 2011), Vinte en escena (Ed. Positivas 2012), Un mar de sensación (Semescom, 2012), Ningún amante sabe conducir (Ed. Positivas, 2014), Contra-acción (Neopàtria, 2016). E en prosa...
  • Sara Martínez

    Nacín no outono do 86 e son de Eirís, naquel tempo un barrio-aldea da Coruña no que aínda había praderías, carreiros e algún cabalo. Daquela cruzabas á praia de Santa Cristina desde As Xubias nunha chalana de madeira. Iso marca, claro. Formeime en varias cousas —entre elas, historia da arte, cinema e integración social— e traballei noutras tantas. Agora quero ser bibliotecaria. Activista desde os vinte en colectivos feministas e na loita polos dereitos e a xustiza social,...
Showing 37 - 42 of 47 items